Alerta! Consulta previa á Lei de avaliación ambiental de Galicia

undefined

O Goberno galego anunciaba o xoves 16 de xaneiro o inicio da tramitación para dotar a nosa autonomía dunha lei propia, a primeira, en materia de avaliación ambiental. Argumenta que agora mesmo se está a aplicar a Lei estatal 21/2013 e que isto está a provocar “un atraso inxustificado da implantación de iniciativas para o desenvolvemento de actividades económicas”.O Goberno galego anunciaba o xoves 16 de xaneiro o inicio da tramitación para dotar a nosa autonomía dunha lei propia, a primeira, en materia de avaliación ambiental. Argumenta que agora mesmo se está a aplicar a Lei estatal 21/2013 e que isto está a provocar “un atraso inxustificado da implantación de iniciativas para o desenvolvemento de actividades económicas”.

Dende o 17 ata o 31 de xaneiro, está aberta aConsulta Pública previa relativa á Lei de avaliación ambiental de Galicia, na que a cidadanía pode participar e dar súa opinión respecto a necesidade deste cambio lexislativo. Non se coñece o texto, pero a nota de prensa que emitíu o goberno indica algunhas das directrices que inspiran o cambio

O goberno fala de que a actual norma que se está aplicando “contradise cos principios asentados pola lexislación aprobada en Galicia nos últimos anos para favorecer o emprendemento e axilizar a implantación de actividades industriais como […] a Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia”

Cremos que esa lei 5/2017 (coñecida como “lei de depredación” ) vai en contra do interés xeral galego, polo que non ten sentido darlle continuidade nunha lei de avaliación ambiental, sería redundar en favorecer os intereses económicos das grandes empresas fronte aos dos cidadáns

Coa nova norma o goberno di que busca simplificar e axilizar a tramitación das avaliacións ambientais e achegar seguridade xurídica, tanto a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia como aos operadores económicos privados

Polas indicacións que está a dar o goberno parece que a norma se dirixe xusto no camiño contrario a protección dos intereses dos cidadáns e do medioambiente fronte aos múltiples megaproxectos, sexan minas, parques eólicos, vertedoiros…que ameazan o seu modo de vida.

Dende a nosa plataforma e dende a Rede de plataformas Compostela Ulla Tambre, da que formamos parte, pedímosche que lle adiques 5 minutos, que te informes e, se o estimas oportuno, alegues. Aféctanos a todos

Podes atopar neste enlace a Consulta Pública previa relativa á Lei de avaliación ambiental de Galicia

E neste outro enlace podes atopar reflexións que poden serche útiles na túa alegación.

(Texto copiado dos compañeiros da Mina de Touro: https://minatouroopinonon.org/2020/01/25/alerta-consulta-previa-a-lei-de-avaliacion-ambiental-de-galicia/

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea tu página web en WordPress.com
Empieza ahora
A %d blogueros les gusta esto: